2º CEIP ZALAETA – PATRULLA ECOLOXISTA

Son un grupo de nenos e nenas de 2º EP de CEIP Zalaeta, na Coruña, que ao longo deste curso realizaron un proxecto de protección e coidado do planeta realizando distintas actividades:

  • Elaboraron contenedores de distintas cores e deseños para a recollida selectiva de material reciclado e formar no entroido unha comparsa de recicladores facendo unha coreografía para o resto do cole.
  • Fixeron unha batida pola praia do Orzán, que temos tan preto do colexio, co fin de recoller plásticos e lixo que trouxeron as mareas dos últimos temporais, para que non volvan ao mar, concienciándose de que protexer o planeta está nas nosas mans.
  • Plantaron no horto ecolóxico que teñen no colexio leitugas, tomates, chícharos , xudías e fresas, para coñecer o proceso das plantas e iniciarse no consumo saudable, xa que logo de coidalo e cando chegue o momento, van degustar os productos obtidos no mesmo.