A Patrulla Medioambiental do CRA de Ribadumia

Os alumnos (de 3, 4 e 5 anos) e a mestra de natureza do C.R.A de Ribadumia veñen traballando dende o curso 2006-07 na recuperación das zonas degradadas do entorno da escola, para tratar de melloralo e que adquira un aspecto máis agradable e bonito co xardín, árbores froiteiras e invernadoiro. A súa intención é acadar que todos tomemos conciencia do noso medio natural e da importancia de coidalo e conservalo.

Os problemas do noso planeta non son un fenómeno novo. A contaminación do aire, auga e chan, a destrución dos bosques por incendios, e a extinción de especies valiosas, son temas que están presentes constantemente e que os nenos poder ver a través da televisión, revistas, etc… É por isto que, dende a educación ambiental, é importante que os nenos non aprendan mecanicamente e por repetición cales son os problemas e cal é a forma de solucionalos. Senón que require un cambio de hábitos e costumes, un cambio de estilo de vida e explicarlles que hai que esforzarse e unirse para realizar a gran tarefa que o noso planeta está demandando.

A finalidade de todas as actividades que se realizan é a de sensibilizar á comunidade educativa sobre a importancia de conservar os costumes dos nosos avós de abonar, sementar e consumir alimentos naturais. Tamén preténdese que os alumnos:

– Coñezan e experimenten de onde veñen parte dos alimentos que consumimos.
– Tomen conciencia de que hai que alimentarse de xeito adecuado, xa que os alimentos son esenciais para a vida.
– Se habitúen a unha vida saudable ao aire libre.
– Aprendan de forma divertida.
– Valoren a importancia de coidar as plantas e árbores, xa que así tamén nos coidamos a nós mesmos.

Estes son algúns dos traballos que realizan:

– Ferramentas e utensilios de labranza.
Aprenden os seus nomes e as súas normas de utilización.
– Composteira.
Explícaselles que con elas podemos facer abonos naturais para as nosas plantas e, trabállase na aula que cousas podemos botar nela para facer compost (mondas de froitas, follas secas, malas herbas…).
– Proxectos.
Durante o curso realízanse proxectos relacionados coas plantas do xardín, os seus inimigos, as árbores, as froitas, verduras…
– A biblioteca escolar.
Para buscar información sobre os proxectos que se realizan, na biblioteca teñen unha zona documental con libro nos que buscar a información que necesitan para enriquecer os traballos.
– Reciclar.
Aprenden a separar o lixo e tiralo no contedor que corresponde (plástico, papel, vidro ou orgánico).Tamén reciclan as pilas con seu boneco Piliñas.
– Reutilizar.
Ensínaselles a utilizar algúns obxectos para darlle outro uso, co fin de producir menos lixo e gastar menos recursos (vasos de iogur, zapatos vellos, pratos de plástico das festas, tapóns…).
– Xardín dos sentidos.
Plantan nos distintos parterres do xardín e periodicamente realizan nel tarefas de limpeza para quitar as malas herbas, pedras, follas secas…
– Invernadoiro.
Sementan verduras e hortalizas e, cando medran, realizan o seu sorteo entre todos os nenos das distintas aulas. O que se persegue con isto é que poidan levar ás casas, e comer, algo que eles mesmos plantaron.
– Obradoiro de cociña.
Fan algunhas receitas coas froitas que dan as súas árbores, as verduras do seu invernadoiro…
– Día de…
Realizan actividades, murais…, para conmemorar: Día Mundial da alimentación, dos Bosques, da Auga, da reciclaxe, do Medio Ambiente…

Con todas estas actividades que realizan tamén se pretende potenciar:

– A investigación. Que fagan observacións, formulen dúbidas e hipóteses e realicen comprobacións.
– O traballo en equipo. Establecer quendas nas tarefas do xardín, intercambiando información, chegando a acordos para solucionar os problemas que xurdan e tratando de prever o que pode pasar.
– A globalidade. O xardín dos sentidos e un recurso transversal a través do que, non só se traballa en torno ás plantas senón que tamén serve para tratar outros temas como a alimentación, a reciclaxe, o consumo, a saúde… A natureza e globalidade, e nela todo esta relacionado: a auga, o aire, o sol, a terra e os alimentos que nos da e o noso esforzo ao traballala.

Se queredes saber máis e ver a Patrulla Medioambiental en acción, visitade o seu blog http://blogdenatureza.blogspot.com.es/

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar