ASOCIACIÓN RAÍÑA PARAISO

Aínda hoxe queda xente
que sabe sentir a terra
queda aínda quen comprende
canto pode aprender dela…
(Terra. Luar na Lubre)

ASOCIACIÓN RAÍÑA PARAISO

Un grupo diverso de persoas, con diversas ramas, pero con un mesmo tronco. Co soño común de sentir a terra, coidala e traballala, para que a situación na que viven persoas da contorna sexa un pouco mellor (inserción sociolaboral).

Voltando ás raíces…

Para producir e colleitar produtos ecoLÓXICOS, promovendo a alimentación sa e saudable; a través do coidado e posta en valor de terras en desuso. Xerando alternativas para vivir no rural. (Comercialización de produtos ecolóxicos).

Para por en valor o noso. A sabedoría popular da nosa xente, do noso chan. (Xornadas interxeneracionais, campamentos de verán, recuperacións de tradicións e oficios, etc.).
Para darnos a coñecer, para que ti tamén poidas formar parte. (Interacción cos concellos da comarca, colaboracións con colexios e institucións benéficas, etc.).

ILUSIÓN+ESFORZO+CREATIVIDADE+BOA VONTADE+PACIENCIA= HÉROE VERDE

0

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar